SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ENCHE O NADAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS PARA TODOS OS PÚBLICOS



O Goberno local do Concello de Sober programa para as datas do Nadal numerosas actividades culturais para todos os públicos co obxectivo de pasar estas datas en familia e con propostas entretidas para todos os días.
 
Así, esta semana estase a celebrar un obradoiro para adultos de deseño de postais, ao tempo que segue aberto o prazo para anotarse nos certames de poesía, postais e beléns convocados polo Concello de Sober. O prazo estenderase ata o 21 de decembro.
 
O 21 de decembro levarase a cabo ás 12:00 do mediodía o Festival Escolar de Nadal no que participa o alumnado do PAI de Sober e o do CEIP Virxe do Carme. Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural o Festival Solidario de Nadal protagonizado pola Escola Municipal de Música de Sober.
 
Moita música
O día 22 de decembro as Xuventudes Musicais de Sober achegan á localidade un concerto de saxofón e piano. Ás 18:30 horas no Centro Sociocultural. O 23 ás 19:00 horas, concerto Lucus Ensemble cunha agrupación musical de vento e corda patrocinado pola Deputación de Lugo.
 
Dous días de Festa Infantil de Nadal
Os días 27 e 28 de decembro haberá festas infantís de Nadal con música, inchables e obradoiros. No Pavillón do CEIP Virxe do Carme a partir das 16:30 horas.
 
 
 
Visita dos Reis
O sábado día 5 de xaneiro os Reis Magos visitan Sober para agasallar aos nenos e nenas. No Centro Sociocultural a partir das 12:00 horas.
 
Merendas con contos no Nadal
Tamén as Merendas con Contos se somerxen no Nadal cunha programación especial para estas datas. O 14 de decembro exposición de ‘El deseo del gato Klops’ e obradoiro coa ilustradora Estefanía Padulles a partir das 18:00 horas. Os días 21 e 26 de decembro desenvolverase un Nadal de cine a partir das 16:30 horas. O día 2 de xaneiro entregaranse os premios dos certames de Nadal e haberá panxoliñas co grupo ‘O Trícole’ a partir das 17:30 horas.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com