NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER, FIEL Á SÚA CITA CON XANTAR



O Concello de Sober, de Interese Turístico Galego, emprazado no corazón da Ribeira Sacra, segue fiel á súa cita anual con Xantar, salón que utiliza para darse a coñecer ante miles de visitantes como un destino próximo, completo e único.
 
Contará cun stand propio desde o que promocionar os seus principais atractivos turísticos, entre os que destaca o seu emprazamento na Ribeira Sacra o que lle outorga incribles paisaxes; os seus afamados viños de Amandi, que pertencen á D:O. Ribeira Sacra e outros atractivos como a olería de Gundivós, o seu románico rural a súa oferta en aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración.
 
Como xa é habitual nas últimas edicións, Sober axudará a poñer o broche final a Xantar e reserva o seu día dedicado para o domingo (10 de febreiro) ofrecendo ademais unha degustación dos seus viños de Amandi acompañados por queixo da D.O. de Galicia e pola súa Rosca de Sober.
 
Sober promocionará ademais durante o salón a ‘XXIX Feira do Viño de Amandi’ que se celebrará os días 13 e 14 de abril de 2019.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com