SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER MANTIVO A PRIMEIRA REUNIÓN PREPARATORIA COS ADEGUEIROS PARA A XXXIX FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober mantivo a pasada tarde a primeira reunión cos 25 adegueiros preinscritos para participar na XXXIX Feira do Viño de Amandi que se celebrará en Sober o próximo sábado e domingo de Ramos, neste caso os días 13 e 14 de abril.
 
Na reunión avanzáronse algúns detalles da próxima edición da feira que será presentada oficialmente xunto coas actividades do ‘Mes do Amandi’ o día 16 de marzo no miradoiro de SoutoChao, en Doade.
 
O Goberno local perfila xa a programación do ‘Mes do Amandi’ que contará con catas comentadas, xornadas de maridaxe, en colaboración coa Escola de Hostalería de Rosende, actividades musicais, xornadas técnicas coorganizadas coa EVEGA, entre outros.
 
Inauguración a cargo de adega Don Bernardino
A adega Don Bernardino será a encargada de inaugurar a mostra vitivinícola en recoñecemento e lembranza do seu fundador e pioneiro da Feira do Viño de Amandi e da D.O. Ribeira Sacra Bernardino Rodríguez de Santa Cruz de Brosmos, falecido aos 89 anos o pasado mes de novembro.
 
Este ano a feira terá como convidado de  honra ao Concello do Saviñao.
 
Presenza na mostra Xantar
A primeira actividade promocional será o stand que o Concello de Sober terá na mostra gastronómica e turística Xantar, en Expourense, do 6 ao 10 de febreiro. Entre os actos previstos haberá unha degustación de viños de Amandi o domingo 10 de febreiro.
 
Concurso do cartel anunciador
A principio de xaneiro publicáronse as bases do concurso para o cartel anunciador da XXXIX Feira do Viño de Amandi cuxo prazo para inscribirse remata o día 22 de febreiro. A persoa que resulte gañadora levará un premio en metálico de 600 euros.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com