NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O V CERTAME DE COPLAS DE ENTROIDO



O Concello de Sober vén de convocar o V Certame de Coplas de Entroido. Pode participar neste certame calquera persoa, independentemente da súa idade, de maneira colectiva ou individual.
 
Tal e como explican desde o Goberno local, a finalidade deste certame é que se poña de manifesto, de xeito crítico e humorístico, os feitos sucedidos durante o ano, preferentemente en Sober.
 
Carga crítica, pero dentro do respecto
As coplas irán representadas en estrofas en verso e o contido debe ter unha boa carga crítica, sobre todo municipal, pero sempre dentro do respecto. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade.
 
O prazo de presentación será ata o martes 19 de febreiro. Os traballos pódense entregar na Biblioteca Pública Municipal de Sober ou no Concello de Sober.
 
Haberá premio para os tres mellores traballos valorado en 200 euros, 100 euros e 50 euros respectivamente.
 
A entrega de premios será o sábado 2 de marzo no XIII Baile da Cachucha.
 
A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha
destas bases, mentres que a decisión do xurado será inapelable.


 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com