SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER ORGANIZAN PARA ESTE SÁBADO UN CONCERTO A CARGO DE DAVID MARTÍN E MIGUEL ÁNGEL ORTEGA



As Xuventudes Musicais de Sober en colaboración co Goberno local organizan para este sábado un concerto a cargo do violonchelo David Martín e do pianista Miguel Ángel Ortega Chavaldas. A actuación será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural.
 
Os músicos acadaron o primeiro Premio de corda do Concurso JM España (Madrid, 2018).
 
David Martín
Naceu en León (España), en 1995. En 2003 iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de León "José Castro Ovejero", onde recibiu clases dos profesores Joaquín Ordóñez e Eva Mª Rodríguez, con quen finalizou o Grado Profesional e obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Ensinanzas Profesionais da Comunidade de Castela e León.
 
No curso 2013-2014 accedeu á Escola Superior de Música Reina Sofía, na Cátedra de Violonchelo, baixo a tutela da Profesora Natalia Shakhovskaya, continuando co Profesor Ivan Monighetti. Actualmente está rematando os seus estudos co Profesor Jens Peter Maintz. En xuño de 2018 recibiu de mans de SM a Raíña Sofía o Premio ao Alumno máis sobresaínte de violonchelo na cátedra de Jens Peter Maintz.
 
En 2015 obtivo o Segundo Premio no Concurso Internacional de Violoncello "Villa de Llanes", permitíndolle realizar unha xira de concertos por Asturias. En 2018 recibiu o Primeiro Premio no 89º Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España e o Primeiro Premio no Certamen Internacional "Pedro Bote".
 
En canto á música de cámara, recibiu xunto ao Cuarteto Haendel  o Premio ao Cuarteto de Corda máis Sobresaínte. Actualmente forma parte do Trío Schola, co que foi seleccionado en 2017 para participar no Festival Internacional de Música de Cámara "Fundación MonteLeón" e na Fundación Juan March de Madrid.
 
Miguel Ángel Ortega Chavaldas
Naceu nas Palmas de Gran Canaria (España). Estudou con Almudena Cano e obtivo Matrícula de Honra e Diploma de Primeira Clase ao acabar o Título Superior de Piano e Matrícula de Honra con Premio Extraordinario de Fin de Carreira en Música de Cámara. Máis tarde ampliou os seus estudos con Katalin Némes, Márta Gulyás, György Kurtág e András Mihály e recibiu asesoramento musical de Darío de Rosa, Rafael Orozco, Bruno Leonardo Gelber, Cristina Bruno e Ferenc Rados.
 
Recibiu varios premios, como o primeiro premio no Concurso de Piano "Pedro Espinosa" de Gáldar e segundo premio do Concurso de Música de Cámara "Leo Weiner" de Budapest. É invitado por institucións como a Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), Fundación Juan March e os Cursos de Especialización Musical da Universidad de Alcalá de Henares (Madrid). En 1992 representou a España gravando un programa de radio en el Certame de la U.E.R.
 
Actualmente é Catedrático de Piano no Conservatorio Superior de Zaragoza, profesor visitante na Escola de Verán de Lucena e Director do Curso Santa María del Paular en Rasacafría (Madrid). Desde 1992 é profesor pianista acompañante na Cátedra de Violonchelo da Escola Superior de Música Reina Sofía co profesor titular Jens Peter Maintz.
 
Programa
A. Piatti: Capricho núm. 7 para violonchelo solo, op. 25                      
L. v. Beethoven: Sonata para violonchelo e piano núm. 4, op. 102 núm. 2
A. Piatti: Capricho núm. 9 para violonchelo solo, op. 25                      
E. Granados: Intermezzo da ópera Goyescas                                               
S. Prokofiev: Sonata para violonchelo e piano en do maior op. 119
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com