SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PROGRAMA NUMEROSAS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O ENTROIDO



O Goberno local do Concello de Sober ofrecerá unha ampla programación para celebrar o Entroido. Así, o día 2 de marzo farase o tradicional desfile de comparsas e o XIII Baile da Cachucha.
 
O Entroido tamén se vai celebrar de xeito especial para os máis pequenos, de maneira que haberá unha edición específica das Merendas con Contos para preparar esta data festiva e poder confeccionar os disfraces. O día 8 faranse os preparativos para o Entroido, mentres que o día 15 haberá un obradoiro de compadres e comadres.
 
O 21 de febreiro será o Xoves de Compadres e o 28 de febreiro o Xoves de Comadres. O 1 de marzo o protagonista será o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme cun desfile do alumando polas rúas de Sober.
 
O Concello convocou ademais o V Certame de Coplas de Entroido, cuxo prazo de presentación remata o 20 de febreiro.
 
XIII Baile da Cachucha
O sábado día 2 de marzo celebrarase o día grande o Entroido co desfile de comparsas e o XIII Baile da Cachucha. A festa dará comezo ás 17:30 horas co desfile de comparsas polas rúas de Sober. De seguido, ás 18:30 horas haberá música, inchables, xogos e merenda para todos os participantes no pavillón do CEIP Virxe do Carme. Xa ás 19:30 horas farase o desfile de disfraces e haberá premios para as mellores propostas. Tamén se fará unha degustación de cachucha e viño.
 
Premios
As solicitudes de inscrición poden recollerse no Centro Sociocultural, e presentalas xunto cun certificado do número de conta (para a modalidade de adultos). No caso de que non sexa posible, poderá facerse a inscrición no lugar do concurso. Establécese tamén un premio especial ao grupo máis numeroso de cen euros. O xurado valorará o vestiario e a animación e premiará aos mellores disfraces. Establécense dúas modalidades: adultos e infantil.
 





 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com