SEDE ELÉCTRONICA
 
 
OFICINA DE TURISMO
RUTAS
SENDEIRO VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA. PR-G86




Encontrámonos na Ribeira Sacra, un destino natural e cultural de primeira orde.

Iníciase no torreiro do campo da festa de Rosende e bordea o muro do Pazo Casa Grande de turismo rural.

En Albarán segue un camiño de servizo para os viñedos que conduce cara ao val do río Cabe. O camiño serpea entre as vides de uva mencía coa que se elabora o afamado viño da D.O. Ribeira Sacra, caldo xa apreciado en época romana.

Unha pequena derivación conduce ata Areas con construcións moi simples onde algunha hipótese apunta a primitivos moradores anacoretas que buscaron neste recuncho o sosego en contacto coa natureza.

En Portizó e Hortás pódese contemplar boas mostras de arquitectura tradicional. De novo outra pequena derivación conduce ata a casa de turismo rural, Rectoral de Anllo, onde o camiñante pode facer un alto no camiño e refrescarse. Bosques e viñedos ofrecen fermosas panorámicas sobre os vales do Cabe e o Sil. Pasando a ponte do regato de Camilo, encontramos a estrada que baixa ao embarcadoiro dos catamaráns. Un fermoso recuncho onde pasar un rato gozando dunha gran paisaxe.




 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com