OFICINA DE TURISMO
RUTAS
RUTA DOS MIRADOIROS





Partindo de Sober dirección Doade, sempre á dereita, fixámonos nuns indicadores azuis que son os que levan aos miradoiros sobre o Canón do Sil.

A 4 km. aproximadamente, no pobo de Santa Marta, está o primeiro indicador Bolmente-Cotarro I e II. Percorremos un par de quilómetros e ao chegar a un cruzamento desviámonos ou ben á dereita para o Cotarro I ou á esquerda para o Cotarro II; dende alí, seguindo todo recto, a 2,5 km. chegamos a un dos máis belos miradoiros, cun desnivel de case 500m, dende onde se divisa o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil na marxe de enfronte, xa na provincia de Ourense.

Regresamos á estrada principal e a 2,7 km. de Santa Marta teremos que xirar á dereita para ver o miradoiro de Santiorxo que está a 1,3 km. de distancia deste punto da estrada Sober-Doade. Este miradoiro ofrécenos vistas sobre o municipio orensano de Castro Caldelas, e tamén se aprecian algunhas viñas.

Retornamos á estrada principal e a 1,5 km. chegamos ao pobo de Pinol dende onde desviarémonos de novo á dereita para chegar ata o monte de Cadeiras, onde se atópa o miradoiro e o Santuario de Cadeiras, cun área recreativa con merendeiros e grellas, ademais dunha fonte de auga potábel, e enorme capacidade onde celébrase a Romaría de Cadeiras o 7, 8 e 9 de setembro en honor á Virxe dos Remedios.

Para continuar o noso percorrido por este camiño dos miradoiros volvemos ata Pinol, e unha vez máis seguir a estrada en dirección a Doade.
Seguindo a estrada chegaremos ao pobo de Lobios, a menos de 2 km, despois de Lobios vemos un indicador que nos leva a Amandi, e a 1,8 km. está o miradoiro de Os Chelos; un miradoiro dende o que apreciamos unha paisaxe diferente aos anteriores con espazos máis abertos dedicados a viñedos.

Para continuar o noso camiño regresamos á estrada principal e habemos de percorrer uns 6 Km, pasando polos pobos de Vilachá e Doade e incorporándonos finalmente á estrada LU-601, que une Monforte de Lemos con Castro Caldelas, onde imos atopar os dous últimos miradoiros da zona: o miradoiro A Pena do Castelo, que ofrece ao visitante unhas vistas espectaculares. Para acceder a el, realizaremos un percorrido a pé por un camiño sen asfaltar e, tras subir unhas escaleiras de pedra, atoparemonos nun dos miradoiros máis impresionantes.

Continuamos na estrada dirección Castro Caldelas e nun souto de castiñeiros, rodeado de viñas, onde se cultívan os afamados viños de Amandi, atópase o último miradoiro, o miradoiro de Doade, coñecido como SoutoChao.

 
 
Historia do Concello
1·Historia
2·Patrimonio
3·Medio Natural
4·Lendas
5·Situación
Concello de Sober
1·Alcaldía
2·Corporación Municipal
3·Normativa Municipal
4·Secretaría
5·Contacto
Servizos do Concello
1·Enlaces
2·Axenda
3·Télefonos
4·Transporte Público
As Nosas Parroquias
 
Oficina de Turismo
1·Rutas
2·Aloxamentos
3·Festas
4·Galería Fotográfica
Novas do Concello
 
O Viño e Adegas
1·O Viño
2·Adegas
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
prodesin.com