SEDE ELÉCTRONICA
 
 
HISTORIA DO CONCELLO
 
LENDAS
VILAOSCURA · O Castro de Vilaescura



A PENA DA SERPE

Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando os mouros chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura namorouse dun rapaz da vila. Os xoves namorados víanse ás agachadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido. Un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer e decidiron asasinar o mozo, pois por entón non se concebía unha história de amor tal entre dous sangues e culturas tan desemellantes. Cando a fermosa muller descubríu a morte do seu namorado, entoleou. Fixo un feitizo e converteuse en negra serpe. Desde entón ronda a gran pedra que escondía as citas segredas da parella na fraga, suponse que agardando a que apareza o seu namorado. Por iso, hoxe en día, cando un pasea polas fragas de Vilaescura e pode ver unha serpe negra, ten bon coidado de non magoala; está rondando a pedra da moura.

(Texto remitido por María Oruña reinoso, Padróns, Ponteareas, Pontevedra).

FONTE:
Esta lenda contouma o meu marido, que se criou en Vilaescura e dende cativo pasou alí moitos veráns. Eu mesma visitei a Pedra da Moura ainda que atopala, agás que nos acompañe alguén do lugar, é moi complicado. *Antonio Reigosa: Galiciaencantada. Com.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com