SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
PERFIL DO CONTRATANTE
ADXUDICACIÓN



Dª ANA ELENA FERNÁNDEZ DEL VALLE, SECRETARIA INTERVENTORA DO CONCELLO DE SOBER ( LUGO),
 
CERTIFICA: Que na sesión extraodrinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local en data 7 de xaneiro de 2014, adoptouse o seguinte ACORDO
 
PUNTO CUARTO.- ADXUDICACIÓN CONTRATO DE SERVIZO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS PÚBLICOS Á EMPRESA BORAL LIMPEZAS.
 
Visto que  odía  24 de novembro de 2014   a Alcaldía detectou a necesidade de realizar a contratación do servizo consistente en  limpeza de edificios públicos debido a  baixa definitiva da persoa que desenvolvía dita función.
 
Dada a característica do servizo de limpeza de edificios públicos  considérase como procedemento máis adecuado o procedemento negociado sen publicidade.
 
Visto que  odía 24 de novembro de 2014  foi emitido un informe de Intervención sobre a porcentaxe que supón a contratación en relación cos recursos ordinarios do orzamento vixente.
 
A vista de quena mesmda data , Secretaría emitiu un informe sobre a lexislación aplicable, o procedemento que había que seguir e o órgano competente para aprobar e adxudicar o contrato.
 
Visto que o día 24 de novembro , por resolución da Alcaldía, aprobouse iniciar o expediente para a devandita contratación, motivando a necesidade e idoneidade da contratación proposta.
 
Visto que na mesma data  foron redactados e incorporados ao expediente os pregos de cláusulas administrativas particulares  e de prescricións técnicas que rexerán a adxudicación do contrato.
 
Visto que  o interventor realizou a retención de crédito oportuna e emitiu un informe  favorable  de fiscalización do expediente
 
Visto que se aprobaron, mediante  acordo da Xunta de Goberno Local de data 1 de decembro de 2014 o expediente e os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas para a adxudicación do servizo consistente en  limpeza de edificios públicos  por procedemento negociado sen publicidade, e que se autorizou o gasto que supón a adxudicación.
 
Visto que se solicitaron ofertas ás seguintes empresas
 
—LIMPIEZAS PEÑA
— RONY SERVICIOS DE LIMPIEZA

  • SOCISER.
  • BORAL LIMPIEZAS
 
Visto que o día  18 de decembro foron certificadas as ofertas presentadas que constan no expediente.
 
Visto que o día 18  de decembro   o de 2014  o órgano de contratación declarou como oferta máis favorable a emitida pola empresa BORAL LIMPEZAS
 
Visto  que na mesma data  requiríuselle ao licitador que presentou a oferta economicamente máis vantaxosa que presentase a documentación xustificativa  a que fan referencia os artigos 146.1 e 151.2 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, así como xustificación da constitución da garantía definitiva e, ademais, que dispón dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato.
 
Visto que o día  2 de xaneiro de 2015  o candidato BORAL LIMPIEZAS  constituíu a garantía definitiva por un importe de  453,62  euros e presentou os documentos xustificativos esixidos.
 
Despois de examinar a documentación achegada e unha vez visto o informe de Secretaría, de conformidade co establecido no artigo 151.4 e na disposición adicional segunda do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro,A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos membros presentes , ACORDA:
 
PRIMEIRO.Que se lle adxudique á empresa  BORAL LIMPEZAS  o contrato de servizos de  limpeza de edificios públicos por procedemento negociado sen publicidade, aprobado por  acordo da XGL de data 1 de decembro
 
SEGUNDO.Que se dispoña o gasto con cargo á aplicación  920.227  do orzamento vixente de gastos.
 
TERCEIRO.Que se lles notifique a adxudicación aos candidatos que non resultaron adxudicatarios
 
CUARTO.Que se lle notifique a D.ª Pilar Martínez Rodríguez   adxudicatario do contrato, esta resolución e que o citen para a sinatura do contrato  que terá lugar nas oficias municipais o 13 de xaneiro de 2015.
 
QUINTO.Que se publique a formalización do contrato de servizos de  limpeza de edificios públicos  no perfil do contratante .
 
SEXTO.Que se lle comuniquen os datos básicos do contrato ao Rexistro de Contratos do Sector Público, de conformidade co disposto no artigo 333.3 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
 
SÉTIMO.Que se remita ao Tribunal de Contas ou órgano externo de fiscalización da comunidade autónoma  unha copia certificada do documento en que se formalizase o contrato, xunto cun extracto do expediente de que derive, sempre que a contía do contrato exceda os 150.000 euros, dentro dos tres meses seguintes á formalización do contrato.
 
 
E para que conste e surta os efectos oportunos, expido e asino a presente certificación, de orde e co Visto e prace do Sr. Alcalde, D. Luis Fernandez Gutiián, en Sober, a 7 de xaneiro de 2015.
 
Vº E PRACE
O ALCALDE                                                 A SECRETARIA INTERVENTORA
 
 
 
Luis Fernández Guitián.                                   Ana Elena  Fernández del Valle

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com