SEDE ELÉCTRONICA
 
 
EMPREGO PÚBLICO
 
NOVAS EMPREGO PÚBLICO

2023-06-14 00:00:00  resultado selección auxiliar administrativo .Plan único 2023

Descargar
 
2023-06-12 00:00:00  DECRETO de ampliación da bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar

Descargar decreto
 
2023-06-12 00:00:00  Convocatoria de segundo examen da praza de auxiliar administrativo

Descargar convocatoria
 
2023-06-12 00:00:00  Resultado de selección primeiro exercicio praza de auxiliar administrativo

Descargar resultado
 
2023-06-08 00:00:00  Acta tribunal ampliación bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar

Descargar pdf
 
2023-06-08 00:00:00  resolución de listado de admitidos, convocatoria e nomeamento do tribunal cualificador de Ampliación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar

RESOLUCION DE ALCALDIA
DON LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SOBER (LUGO)
Asunto: Ampliación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar.
Visto as bases da convocatoria para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, aprobadas por resolución de alcaldía o 3 de maio de 2023.
Visto que en dita convocatoria figura un prazo de presentación de instancias de 15 días hábiles contados a partir da data de publicación da convocatoria, rematando o prazo de presentación de solicitudes o día 6 de xuño de 2023.
Visto as instancias presentadas para formar parte da actual bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar e que son as seguintes:
  • María del Carmen Rodríguez Rodríguez, rexistro de entrada nº 1231 de data 31 de maio de 2023.
Visto a necesidade de nomear un tribunal cualificador para a valoración do concurso de méritos do persoal que formará parte da actual bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar; así como designar unha data para dita valoración.
RESOLVO
           PRIMEIRO. Declarar como admitidas as seguintes instancias presentadas de acordo    coa seguinte relación:
 
  • María del Carmen Rodríguez Rodríguez, rexistro de entrada nº 1231 de data 31 de maio de 2023.
           SEGUNDO. Nomear como membros do tribunal cualificador do persoal que vai 
           formar parte da actual Bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar, as seguintes            persoas:
  • Presidente: Carlos Losada Rodríguez (Axente Local de Emprego Concello de Sober).
  • Secretaria: Dona Ana de la Torre Alvaredo (Traballadora Social Concello de Sober).
  • Vocal: Beatriz Vivirido Quevedo (Orientadora Laboral Concello de Sober).
  • Suplente: Dona Julia Fernández Garza (Bibliotecaria Concello de Sober).
CUARTO. Establecer como data de valoración de méritos o xoves día 8 de maio de 2023 as 10:30 horas no salón de Plenos do Concello.
            QUINTO. Dar conta o Pleno a fin de que quede enterado do seu contido.
            O que manda e asina o Señor Alcalde en Sober, a 7 de xuño de 2023, como Secretaria-Interventora, dou fe:
       O Alcalde/Presidente   Luis Fernández Guitián                                                        
 A secretaria-Interventor Elena González López
 
 
2023-06-06 00:00:00  124.2023. CONVOCATORIA PRAZA AUXILIAR ADMINISTRATIVO.



RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.
DON LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SOBER
DECRETO.- No uso das facultades que me confire o artigo 21 da Lei 7/85 de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local.
                                   
Conforme as Bases da convocatoria para a provisión de unha praza de auxiliar administrativo,   aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 08/03/2023 e publicadas no BOP da provincia de Lugo número 60 de data de 14 de marzo de 2023 (incluída no programa de reforzo do emprego da deputación provincial de Lugo, Plan Provincial Único 2023.), contratación anticipada.
Logo de ver a resolución de alcaldía de data 10 de abril de 2023 onde se acorda aprobar a lista DEFINITIVA de admitidos e excluídos.
Acordo:
 
Primeiro: Nomear como membros para formar parte do tribunal selectivo da praza de auxiliar administrativo as seguintes persoas:
Presidenta: Dona María Mercedes Casares Vázquez, auxiliar administrativo do concello de Sober. funcionaria administración local..
Secretario: Don Carlos Losada Rodríguez. Laboral fixo. Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sober.
Vogal 1º: Doña Elena González López. Funcionaria de administración local con habilitación de carácter nacional. Secretaria-Interventora do Concello de Sober.
Vogal 2º: Doña Ana de la Torre Alvaredo, traballadora social, laboral fixa. Concello de Sober.
Vocal 3º: Dona Beatriz Vivirido Quevedo, laboral fixo. Orientadora Laboral concello de Sober. Lugo.
SUPLENTES:
Dona María Luisa González Maceda. Laboral fixo. Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Pobra de Brollón.
Dona Pilar Losada Varela, educadora de Familia, laboral fixa, concello de Sober.
O tribunal non poderá constituirse con menos de tres membros.
Segundo: Fixar a data, hora e lugar de celebración do primeiro exercizo para cubrir unha praza de auxiliar administrativo para a atención das oficinas municipais do concello, para a data, hora e lugar que a continuación se relacionan:
Data: Venres 9 de xuño de 2023.
Hora: 11:00 horas.  Primeiro exercizo
Lugar: Salón de Plenos do concello de Sober, 27460 Sober Lugo.
Terceiro: Convocar aos membros do tribunal para a data, hora e lugar anteriormente citados.
Cuarto: Convocar aos candidatos-as admitidos-as para á realización do exercizo na data, hora e lugar sinalados anteriormente, debendo de ir acompañados do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.
Quinto: Publicar esta Resolución no Taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Sober (www.concellodesober.com).
Sexto: Dar conta desta Resolución na seguinte sesión ordinaria do Pleno que se celebre
 
Mándao e asina o Sr. Alcalde, D. Luis Fernández Guitián; en Sober, a 6 de xuño de 2023
 
O Alcalde, Luis Fernández Guitián                                                                   
A Secretaria interventora  Elena González López
 
 
2023-05-12 00:00:00  BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA A AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

Descargar Bases
 
2022-10-05 00:00:00  Lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección de 1 praza de Monitor-a deportes. Subvencionada a través do programa de fomento do emprego da Deputación Provincial de Lugo. Plan Único Provincial 2022.

Asunto: G-231-2021. Lista provisional de admitidos e excluídos do proceso de selección de 1 praza de Monitor-a deportes. Subvencionada a través do programa de fomento do emprego da Deputación Provincial de Lugo. Plan Único Provincial 2022.
Dacordo coa convocatoria de data de 21/09/2022 e os criterios establecidos nás báses xerais que rexerán o proceso de selección para a contratación en réxime de personal laboral para o concello de Sober, ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no plan provincial único de cooperación cos concellos da Deputación Provincial de Lugo, anualidade 2022. (Programa Fomento do Emprego). Publicadas no BOP da Provincial de Lugo nº 98, de data de 30 abril de 2022. A situación ou procedencia dos candidatos deberá provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego.
 
 
ADMITIDOS-AS:
 
1.-Sara Moya Rodríguez.
2.-Noemi Vázquez Rodríguez.
3.-Deborah Mineli Pereira Farfan.
 
EXCLUIDOS-AS:
Ningún-ha.
DATA PROBAS SELECTIVAS:
       -07 de outubro de 2022 as 9.30 horas no salón plenos do concello de Sober. 
TRIBUNAL CUALIFICADOR:
Presidente: Carlos Losada Rodríguez, ADL concello de Sober, Secretaria: Ana de la Torre Alvaredo, traballadora social, concello de Sober. Vocal I: Beatriz Vivirido Quevedo, Orientadora Laboral concello de Sober. Vocal II: Celso López Saéz, membro AVPC e operario laboral fixo concello Sober. Vocal III: Pilar Losada Varela, educadora familiar concello de Sober.
En Sober a 4 de outubro de 2022 
O ALCALDE                                          
Asdo.- Luis Fernández Guitian                
 
 
2022-09-21 00:00:00  CONVOCATORIA: 1 praza Monitor-a multidisciplinar deportes. Subvencionada a través do programa de Fomento de Emprego da Deputación Provincial de Lugo. Plan Provincial Único 2022.

     
       SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
 
CONVOCATORIA: 1 praza Monitor-a multidisciplinar deportes. Subvencionada a través do programa de Fomento de Emprego da Deputación Provincial de Lugo. Plan Provincial Único 2022.
 
 
POSTOS:   
             
-1 Posto. Monitor-a multidisciplinar deportes. Contrato laboral temporal por circunstancias da producción. 6 meses, 50% de xornada.
 
 
TITULACIÓN ESIXIDA:
 
- Técnico-a Superior en Actividades Físicas e Deportivas ou equivalente.
 
CRITERIOS DE SELECCIÓN: Os establecidos nás báses xerais que rexerán o proceso de selección para a contratación en réxime de personal laboral para o concello de Sober, ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no plan provincial único de cooperación cos concellos da Deputación Provincial de Lugo, anualidade 2022. (Programa Fomento do Emprego). Publicadas no BOP da Provincial de Lugo nº 98, de data de 30 abril de 2022. A situación ou procedencia dos candidatos deberá provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego.
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 5 días hábiles, comezando a computarse dito prazo a partir do seguinte día hábil a publicación do anuncio de aprobación desta convocatoria no Boletín Provincial de Lugo.
 
DATA PROBAS SELECTIVAS:
 
       -07 de outubro de 2022 as 9.30 horas no salón plenos do concello de Sober.
 
 
TRIBUNAL CUALIFICADOR:
 
Presidente:Carlos Losada Rodríguez, ADL concello de Sober, Secretaria: Ana de la Torre Alvaredo Traballadora Social do Concello de Sober. Vocal I:  Beatriz Vivirido Quevedo, Orientadora Laboral concello de Sober. Vocal II: Celso López Saéz, membro AVPC e operario laboral fixo concello Sober. Vocal III:  Pilar Losada Varela,educadora de familia do Concello de Sober.
 
Sober. Lugo. 21/09/2022. O Alcalde-Presidente. Luis Fernández Guitián.
 
MATERIAS TEMARIO.
 
Adxúntase
ANEXO II - Temario
Materias Comúns:
Tema 1: A Constitución Española do 1978.
Tema 2: Dereitos de deberes fundamentais dos españois.
Tema 3: Organización territorial do Estado. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma.
Tema 4: Dereito Administrativo. Fontes e xerarquía das normas.
Tema 5: A administración e a norma xurídica: o principio de legalidade.
Tema 6: O Municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. O empadroamento.
Tema 7: O municipio. Competencias e organización. Órganos de gobernó e administración do municipio.
Tema 8: A provincia. Organización Provincial. Deputacións.
Tema 9: O procedemento administrativo común. As fases do procedemento administrativo.
Tema 10: Revisión dos actos administrativos: revisión de oficio e recursos administrativos.
Tema 11: O persoal ao servizo das Entidades Locais. Concepto e clases. Dereitos e deberes. Incompatibilidades.
Tema 12: O orzamento das Entidades Locais. Documentos de que consta.
Tema 13: Calidade dos datos. Dereito de información na recollida de datos, consentimento do afectado, datos especialmente protexidos, dereito de rectificación e cancelación do Regulamento Europeo de Protección de Datos.
Materias Específicas:
Tema 1.- A programación na Educación Física e o deporte dende un enfoque globalizador. Estructura e elementos básicos de programación. Organización de grupos e tareas.
Tema 2.- A didáctica da Educación Física e o deporte. Principios didácticos básicos, metas e obxetivos da Educación Física e o deporte.
Tema 3.- Anatomía e fisioloxía humana implicada na actividade física. Patologías relacionadas con el aparato motor.
Tema 4.- Capacidades físicas básicas, a sua evolución e factores que inflúen no seu desenrrolo.
Tema 5.- Evolución das capacidades motrices en relación co desenrolo, evolutivo xeral. Educación sensomotriz e psicomotriz nas etapas da infancia.
Tema 6.- A motricidade e a madurez e vellez. Conductas motrices e idade avanzada.
Tema 7.- O xogo: teorías, características e clasificacións. Adaptaciones metodolóxicas basadas nas características dos xogos.
Tema 8.- Os deportes. Concepto e clasificacións. Deportes individuais e colectivos: aspectos técnicos e tácticos elementais: a didáctica adaptada a idade.
Tema 9.- Xogos e deportes populares, autóctonos e tradicionais. A actividade física organizada no medio natural.
Tema 10.- Principios fundamientais do entretemento común a tódolos deportes. Adecuación do entrenamiento na actividade física na infancia, adolescencia, a madurez e a vellez.
Tema 11.- A animación no demporte. Aspectos xerais. Planificación da animación deportiva. Programas adaptados a idade
Tema 12.- A saúde e a calidade de vida. Hábitos e estilos de vida saudable en relación coa actividade física.
 
 
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com