|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER PRESENTA O CARTEL, AS ACTIVIDADES DO MES DO AMANDI E A PROGRAMACIÓN DA XLII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI
O Concello de Sober deu a coñecer esta mañá na Fervenza de Portizó o cartel anunciador, as actividades do Mes do Amandi e a programación da XLII Feira do Viño de Amandi, que vai ter lugar na localidade nas súas datas habituais, os días 9 e 10 de abril, coincidindo co domingo de Ramos.
As actividades do Mes do Amandi deron comezo o pasado sábado e son as seguintes:
Sábado 5 de marzo
- Ás 12:00 horas Fallo do concurso de carteis da XLII Feira do Viño de Amandi.
-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, Concerto do Ensemble vocal feminino EGERIA.
-Ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Virxe do Carme, presentación do equipo de rally Barantes Sport.
Sábado 12 de marzo
-Ás 12:00 horas na Fervenza de Portizó presentación do cartel de XLII Feira do Viño de Amandi, xunto coa programación de actos da feira.
Luns 14 de marzo
-Ás 12:00 horas. A caravana do Amandi visita a Feira de Rubián, (Bóveda, Concello ao que este ano se lle dedica a Feira do Viño de Amandi).
Venres 18 de marzo
-Ás 17:30 horas. Os participantes nas Merendas con Contos, visitan a Fervenza de Portizó.
Luns 21 de marzo
-No CEIP Virxe do Carme conmemoración do Día Internacional da Poesía con recitado de Poemas ao Viño de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022.
Xoves 24 de marzo
-De 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con produtos DE CRAEGA.
Colaboran: Escola de Hostaleria da Fundación Belarmino Fernández e C.R. Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Venres 25 de marzo
-Ás 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras presentación da nova edición da Guía da Ribeira Sacra de Manuel Garrido.
Sábado 26 de marzo
-Ás 22:00 horas na Praza do Toural Concerto Solidario cos refuxiados ucraínos.
Venres 1 de abril
-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, charla ‘A cultura do viño e a viticultura heroica’, por Xabier Castro, autor do libro ‘A rosa do viño. A cultura do viño en Galicia’.
-Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural presentación da exposición de pintura de Gelín Fernández.
Mércores 6 de abril
-De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober 2º Concurso de sumiliers.
Colabora: Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández.
Xoves 7 de abril
-Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural, concerto de guitarra e frauta traveseira a cargo de Josué Castro e Magda Sánchez.
Outras actividades
Exposicións
Do 31 de marzo o 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XVII Feira do Viño de Amandi.
Do 1 o 30 de abril no Centro Sociocultural exposición de pintura de Gelín Fernández.
Cata de viños
Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.
Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2021, un premio para viños brancos da anada de 2021 e un premio para viños envellecidos en barrica.
Organiza: Vinosacra
Concurso de deseño de carteis
Presentáronse 20 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Rocío Rodicio González de Ourense.
Programa de actos da XLII Feira do Viño de Amandi.
Sábado 9 de abril
-Ás 11:30 horas. Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XLII Feira do Viño de Amandi.
-Ás 12:00 horas. Apertura Oficial a cargo de Adega TEAR en lembranza aos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.
-Ás 12:15 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
-Ás 17:00 horas. Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.
-Ás 17:00 horas. Actuación dun grupo de música tradicional.
-Ás 18:30 horas. Concerto da Banda de Música de Sober.
-Ás 20:00 horas. Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.
-Ás 23:00 horas. Actuación de GIN TONIC´S na Praza do Concello.
Domingo 10 de abril
-Ás 10:30 horas. Disparo de 23 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante).
-Ás 10:45 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11:30 horas. Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
Ás 11:30 horas. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12:30 horas. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
-Ás 13:00 horas: Pregón a cargo de Chechu Salgado.
-Ás 13:30 horas. Entrega de Premios.
-Ás 17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 horas. Baile coa orquestra Los Satélites.
|
|
|
|
|
|