SOBER DISPÓN DUN CONTENEDOR PARA ROUPA E CALZADO INSTALADO POLA FUNDACIÓN HUMANA
A organización non gubernamental para o desenrrolo “Humana Fundación Pueblo para Pueblo”, instalou na Praza do Concello de Sober un contenedor para a recollida de roupa e calzado usado. A sinatura dun convenio de colaboración co concello de Sober permitiu esta acción. A iniciativa de solicitar a colocación do contenedor partiu do propio concello.
Humana, e unha organización non gubernamental que dende 1987 leva a cabo proxectos de cooperación en África, América Latina e Asia gracias aos recursos que obten coa xestión de textil usado, a Fundación leva tamen a cabo proxectos de Educación para o Desenvolvemento en España. Actualmente teñen instalados 4.600 contenedores en 800 concellos de España. No caso da Comarca de Lemos somentes Monforte e Sober dispoñen deste tipo de recipientes.
Dende o Concello de Sober destacan que con ésta iniciativa consiguese moito mais que reciclaxe; por un lado contribuese a protección do medio ambiente, xa que se reduce en parte o volumen deresiduos xerados, dando unha segunda via a roupa que doutro modo iria parar o vertedoiro.
Por outro lado, coa reutilización da roupa e o calzado chégase, igualmente, a diminuir o consumo de recursos naturais como a auga ou os combustibles fosiles, asi como fertilizantes e praguicidas usados na fabricación de productos téxtiles. Ao mesmo tempo, reutilizando ou reciclando o textil, reducense as emisión de CO2.
Sober, 17 de Agosto de 2012
