SOBER LEVA A CABO UNHA CAMPAÑA DE SEÑALIZACION RECICLANDO SINAIS DUPLICADAS OU INSERVIBLES

  • Home
  • Novas
  • SOBER LEVA A CABO UNHA CAMPAÑA DE SEÑALIZACION RECICLANDO SINAIS DUPLICADAS OU INSERVIBLES

SOBER LEVA A CABO UNHA IMPORTANTE CAMPAÑA DE SEÑALIZACION CO RECICLADO DE SEÑAIS DUPLICADAS
 
O Concello de Sober está levando a cabo unha pioneira campaña de señalización co reciclado de sinais duplicadas ou inservibles.
Nas últimas datas foron colocados indicadores de poboación en preto de medio centenar de lugares do concello que carecían do mesmo e a pretensión do concello e continuar nas próximas semanas coa colocación de novos indicadores para que todos os pobos do concello dispoñan da correspondente señalización.
Por outro lado foron tamen instalados novos indicadores nos miradoiros do canon do Sil, aproveitando en moitos casos sinais duplicadas, correxindoas e colocandoas en miradoiros que carecían do correspondente indicador.
Ao mesmo tempo foron colocadas sinais para mellora do tráfico rodado, tanto na capital municipal como es estradas de titularidade municipal (stops, ceda o paso, paso estreito, límites de velocidade, etc.).
A maioria das señales que se colocan son recicladas, utilizando para elo sinais que en moitos casos estaban duplicadas, ou depositadas en almacens municipais por haber sido retiradas o non ter función. Con elo conseguese un triple obxetivo: mellorase a señalización, reciclase material fora de uso e aforrase unha importante cantidade económica.
Dende o Concello, fixeronse tamen xestións para a mellora da señalización en estradas de titularidade provincial, autonómica ou estatal que diron os seus froitos; así por exemplo na N-120 foron colocados indicadores de Sober no sentido Ponferrada-Ourense.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober