A ESCOLA DE MUSICA DE SOBER INICIARÁ O CURSO A FINAIS DE SETEMBRO

  • Home
  • Novas
  • A ESCOLA DE MUSICA DE SOBER INICIARÁ O CURSO A FINAIS DE SETEMBRO

A ESCOLA DE MUSICA DE SOBER INICIARÁ O CURSO A FINAIS DE SETEMBRO.
A Escola Municipal de Música de Sober, ten previsto dar inicio ao curso escolar o sábado 29 de Setembro ás 12,00 de mediodía no Centro Sociocultural de Sober.
A matricula permanece aberta ata o 25 de Setembro en horario de 10.00 a 14.00 no propio Centro Sociocultural de Sober. A información pode obterse no teléfono 982460513.
Dende a Secretaria do centro comunicase que os alumnos matriculados no curso 2011/2012, deven de chamar para verificalos datos do curso anterior.
As especialidades instrumentais que oferta o centro son: Frauta Traveseira, Clarinete, Saxofon, Trompeta, Trompa, Trombon, Tuba e Percusión amais de Piano Guitarra e Acordeón como complementarias. As asignaturas grupais son Linguaxe Musical. Banda Xuvenil, Coro e Grupos instrumentais. Contarase con 7 profesores especialistas.
Na Escola de Musica de Sober impartese tamen Música e Movemento para nenos de 1 a 6 anos e Musica para Adultos sen límite de idade.
O obxetivo principal deste centro de ensino e formar músicos para logo poder formar parte da Banda de Musica de Sober.
Sober, 12/09/2012

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober