Os lugares de Telleiros e Vilamaior, na parroquia de Refoxo, celebrarán o venres 5 e o sábado 6 de outubro as Festas na honra da Virxe do Rosario, nas que colabora o Concello de Sober. O primeiro dos días, venres, haberá unha pancentada ás 20:30 horas e a actuación do grupo Banoneon a partir das 21:00 horas.
O sábado haberá unha Misa con Procesión a mediodía e un baile de tarde-noite que correrá a cargo dos grupos Fin de Siglo e Eclipse.
Tras as primeiras festas do outono na honra da Virxe do Rosario, as seguintes celebracións serán en Canabal os días 12, 13 e 14 e en Amandi os días 20 e 21.
