O Concello de Sober colabora coas festas do Rosario de Amandi que se celebran esta fin de semana. O venres ás 21:00 horas poderá degustarse unha pancetada, que será de balde, con Viño de Amandi e animación musical.
O sábado día 20 haberá Misa con procesión ás 13:15 horas e sesión vermout coa Orquestra Poceiro. Pola tarde será a quenda do baile coa actuación da Orquestra Poceiro e Estelar.
O último día de festexo, o domingo 21, haberá Misa e procesión ás 13:15 horas e sesión vermout a cargo da Orquestra Fantasía, protagonista tamén do baile da tarde-noite.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a achegarse Amandi durante a fin de semana para participar na celebración.
