O Concello de Sober iniciou esta mesma mañá as obras do Programa Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural (PEIM) financiadas pola Xunta de Galicia e destinadas á rexeneración de accesos e melloras de varias estradas. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que se acometerán actuacións de rexeneración de accesos a Ceceda e a Cima de Vila, en Brosmos. Tamén se rexenerará a estrada de Vilapedre por Campoverde ao Fervedón e mellorarase a estrada de Gundivós a Neiras.
O rexedor de Sober expón que nos últimos días se limparon as cunetas de Neiras a Gundivós, uns traballos que o mal tempo obrigou a pospor. Agora a empresa encargada das obras está pendente de botar tres capas de rodadura, unha actuación que acometerá sempre que o tempo o permita para que o selado da vía quede en condicións óptimas.
Os traballos na zona de Gundivós a Doade inclúen ademais, en aproveitamento da presenza das máquinas, o rebacheo do camiño de acceso a Francos, así como a Vilar de Mouros e o Canabal.
Pleno ordinario
O Concello de Sober celebra esta tarde ás 19:00 horas un Pleno ordinario no que aprobará un regulamento de uso do Centro Sociocultural e do ximansio municipal. Tamén está prevista a renuncia da acta de concelleiro de Alfonso Campos, do BNG.

Leave a Reply