Unha unidade móbil trasladarase ao Concello de Sober os días 8, 9 e 10 de xaneiro para proceder á inspección técnica de tractores e maquinaria agrícola que se realiza anualmente.
A unidade da ITV quedará instalada na Praza do Concello das 9:00 horas ata ás 13:30 en horario de mañá, e de 15:30 horas a 18:00 horas en horario de tarde.
Os interesados poden pedir a súa cita previa a través do seguinte número de teléfono: 881920980.
