O Concello de Sober colabora esta fin de semana coas festas da parroquia de Proendos na honra de San Amaro. O sábado día 12 a Banda de Música de Sober ofrecerá un pasarrúas no que tamén se botarán bombas de palenque. Ás 13,15 horas será a quenda da Misa Solemne na honra ao Santo e a continuación farase a procesión acompañada pola Banda de Música de Sober.
Pola tarde-noite haberá unha gran festa verbena coa Orquestra Los Españoles.
O domingo 13 pola mañá botaranse bombas de palenque e haberá un novo pasarrúas por toda a parroquia a cargo da Banda de Música de Sober. Ás 13,15 horas Misa Solemne cantada polo dúo formado por Nemesio Gutiérrez e Ángela Casado. Ambos os dous ofrecerán un concerto no interior da Igrexa ao finalizar os actos relixiosos. Á saída da misa a Banda de Música de Sober animará a sesión vermú. Para finalizar a festa terá lugar unha actuación de tarde a cargo do dúo Bandoneón.
O Concello de Sober invita a todos os cidadáns a participar na festa.
UNHA UNIDADE MÓBIL TRASLÁDASE A SOBER PARA PROCEDER Á ITV DE TRACTORES E MAQUINARIA AGRÍCOLA7 de Xaneiro de 2013O ALCALDE DE SOBER DESPRAZASE A VIGO, XUNTO COA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA E O EDIL DE DEPORTES DO CONCELLO, PARA PARTICIPAR NA PRESENTACIÓN DA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA 2013, QUE TERÁ EN SOBER UNHA DAS SAÍDAS DE ETAPA11 de Xaneiro de 2013
