O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, desprazarase no día de mañá a Vigo para asistir á presentación da Vuelta Ciclista a España 2013, que na súa quinta tirada da devandita edición partirá de Sober.
O alcalde de Sober, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, a soberina Raquel Arias, e o edil responsable de Deportes, Elías González, acude á posta de largo da LXVIII Vuelta Ciclista a España “coa satisfacción de que unha proba de tanta relevancia e prestixio internacional teña considerado ao noso municipio como un enclave ideal para iniciar unha das etapas”.
Guitián considera que “a inclusión do noso municipio como punto de partida dunha etapa de La Vuelta representa un fito que, a bo seguro, terá repercusión no eido económico e turístico para Sober”.
O rexedor soberino incidiu tamén de xeito previo no “agradecemento á organización da proba” por ter reparado en Sober para acoller un evento desta magnitude. De feito, logo de ter Palas de Rei como a única saída de etapa en terras lucenses na edición de 2012, a organización da Vuelta Ciclista a España situará agora Sober como un dos centros do operativo da etapa con maior relevancia dentro do territorio lucense.
