O Concello de Sober celebra mañá a partir das 19:30 horas o VII ‘Baile da Cachucha’, ao que están invitados todos os veciños e veciñas e que contará cunha degustación gratuíta de cachucha e viño para conmemorar o Entroido. O baile, que estará amenizado polo dúo Atrévete, está organizado polo Concello de Sober en colaboración co Bar Parada, a Bodeguilla de Marce, e as Panaderías de Sober, de Canabal e de Siós.
Tamén haberá premios para os mellores disfraces nas categorías: individual, parellas, grupos, grupo máis orixinal e infantil.
Previamente, ás 17:00 horas celebrarase o desfile de Entroido no que unha gran comparsa percorrerá as rúas de Sober, formada por integrantes da Banda de Música, do PAI, do CEIP Virxe do Carme e veciños e veciñas participantes da localidade. Ao rematar o desfile haberá unha merenda no Centro Sociocultural para os integrantes da comparsa.
Por outra banda, a Asociación de Veciños de Neiras organiza tamén para unha cea baile de Entroido no local social e en Doade a Asociación de Veciños celebra unha laconada no Restaurante O Castelo. Ademais, a Asociación de Veciños de Canabal organiza un xantar de Entroido.
O CONCELLO DE SOBER SERÁ UN DOS BENEFICIARIOS DO PROXECTO QUE DOTA DE ACCESO WIFI A PRAZAS E CASAS CONSISTORIAIS1 de Febreiro de 2013A OFICINA DE REHABILITACIÓN DO CONCELLO DE SOBER APROBOU 36 ACTUACIÓNS NA PRIMEIRA FASE DO ARI, O QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 640.000 EUROS13 de Febreiro de 2013
