O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, mantivo esta mañá unha reunión con representantes sindicais dos traballadores do Hotel Palacio de Sober de cara a coñecer a situación do establecemento, despois do anuncio dun ERE por parte da empresa. Fernández Guitián atendeu as explicacións dos representantes sindicais, aos que lles trasladou o seu interese porque “todo se solucione”.
O rexedor considerou o establecemento hoteleiro como “unha importante icona, tanto para Sober como para a Ribeira Sacra”, polo que mostrou a súa colaboración para que “todo se arranxe”. Guitián avogou porque se acheguen as posición inicias “polo ben de todos”. Manifestou a súa solidariedade cos traballadores, ao tempo que afirma comprender a situación que esgrime a empresa para propor as medidas anunciadas.
O alcalde de Sober mostrou a súa disposición a mediar entre as partes e avanzoulles aos representantes dos traballadores que tratará de falar coa empresa para exporlle a importancia que o establecemento ten para o municipio e a comarca. Guitián confía en que se atopen fórmulas “para que as cousas melloren e se chegue a un acordo de consenso”.
A OFICINA DE REHABILITACIÓN DO CONCELLO DE SOBER APROBOU 36 ACTUACIÓNS NA PRIMEIRA FASE DO ARI, O QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 640.000 EUROS13 de Febreiro de 2013O MIRADOIRO DA CIVIDADE DE SOBER ACOLLE ESTE SÁBADO A PRESENTACIÓN OFICIAL DA XXXIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI21 de Febreiro de 2013
