O Concello de Sober dará a coñecer este sábado 23 de febreiro a programación prevista para o ‘Mes do Amandi’, unha serie de actividades semanais previas á celebración da Feira do Viño, que este ano terá lugar os días 23 e 24 de marzo. O acto, no que participarán os 23 colleiteiros inscritos, desenvolverase no renovado Miradoiro da Cividade a partir das 12:30 horas.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participará xunto con outros membros da Corporación na presentación oficial da XXXIII Feira do Viño, na que ademais de dar a coñecer o programa e as actividades do ‘Mes de Amandi’, será presentado o cartel anunciador, elaborado pola recoñecida pintora, natural de Neiras, Emilia Salgueiro.
A Feira do Viño de Amandi é a máis veterana de todas as que se celebran na Ribeira Sacra e a única declarada como Festa de Galicia de Interese Turístico.
Inauguración e convidado de honra
O encargado de inaugurar a Feira do Viño de Amandi será un colleiteiro da Viña Ferreiro, como un modo de homenaxear ao seu promotor, Pedro Pérez, falecido recentemente. O convidado de honra na celebración é o Concello de Pantón.
Este ano estarán de novo á venda cataviños co seu colgador e tamén copas grandes. Os colleiteiros vestirán uniformados nos seus respectivos postos, que estarán colocados nunha carpa en forma de iglú na Praza da Concello e cunhas dimensións maiores cas do ano pasado, de 40×40.
LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN RECIBE AOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES DO HOTEL PALACIO DE SOBER14 de Febreiro de 2013O ALCALDE DE SOBER SUBLIÑA QUE OS VERDADEIROS PROTAGONISTAS DA XXXIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI SERÁN OS COLLEITEIROS QUE ANO TRAS ANO ELABORAN “O MELLOR VIÑO DO MUNDO”23 de Febreiro de 2013
