LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN LOGRA QUE O PLENO APROBE A MOCIÓN PARA DEMANDAR Á XUNTA QUE SIGA PROMOVENDO PROXECTOS QUE FACILITEN A PROMOCIÓN ECONÓMICA E A CREACIÓN DE EMPREGO NO CONCELLO SOBERINO

  • Home
  • Novas
  • LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN LOGRA QUE O PLENO APROBE A MOCIÓN PARA DEMANDAR Á XUNTA QUE SIGA PROMOVENDO PROXECTOS QUE FACILITEN A PROMOCIÓN ECONÓMICA E A CREACIÓN DE EMPREGO NO CONCELLO SOBERINO

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destacou hoxe que o pleno da localidade aprobou por maioría una moción na que se insta á Xunta de Galicia para que siga promovendo proxectos que faciliten a promoción económica e a creación de emprego no concello de Sober.
 
Guitián indicou que o pleno apoiou por maioría esta iniciativa que pretende “que a Xunta de Galicia afiance o nivel de compromiso co tecido socioeconómico do municipio para favorecer o mantemento ou a xeración de postos de traballo”.
 
Neste sentido, o rexedor soberino non puido deixar de lamentarse pola actitude “de mentir sen rubor” na que parece enfrascado o PSOE. Guitián criticou que os representantes socialistas, xunto con algunhas formacións sindicais, “siga empecinado en maniobras de confusión” con relación ao Hotel Palacio de Sober e estea acudindo “ao uso da mentira con tal de obter rédito político”.
 
Descoñecemento da lexislación por parte do PSOE
Guitián censurou que a formación socialista “teñan a desfachatez” de obviar a lexislación vixente en materia laboral e “sexan capaces de retratarse como ignorantes neste tema” ao dicir que a Administración autonómica ten a responsabilidade de aprobar un ERE, cando teñen que saber que non é así”.
 
“Non podo estar de acordo cunha falacia, porque iso é o que está difundindo o PSOE e algunhas centrais sindicais, sen ningún pudor para enganar aos traballadores do Hotel Palacio de Sober. A lexislación vixente é clara neste tema, e nin a Administración autonómica, nin ningún representante da mesma, ten a competencia para aprobar a execución dun ERE”, explicou Guitián. “A execución dos ERE é unha decisión exclusivamente empresarial, como deberían saber polo posto que ocupan os representantes do PSOE que queren confundir aos traballadores”, concretou o alcalde.
 
O alcalde soberino resumiu con claridade a actuación do grupo de goberno que encabeza e respondeu así ás críticas por parte do PSOE: “Nós estamos comprometidos con todos os desempregados do noso concello, sexa cal sexa o seu emprego anterior ou a súa procedencia, e por iso actuamos para que se promovan proxectos sólidos que dinamicen a economía de Sober e xeren postos de traballo”, resumiu.
 
O alcalde fixo tamén referencia a actuación da delegada territorial, Raquel Arias, que ao igual que o director do Igape mantiveron reunións cos traballadores do Hotel Palacio de Sober e cos representantes dos mesmos para expoñerlles as xestións e o apoio realizado pola Xunta para ese proxecto e asesoralos nas alternativas existentes ante o ERE plantexado polo empresario do establecemento hoteleiro. 
 
 
 
Neste sentido, o alcalde criticou que tamén que na mesma liña de mentiras que promoven dende o grupo socialista, os mesmos actores sigan difundindo unha suposta relación da familia da delegada con este proxecto, “cando saben que os empresarios desta iniciativa empresarial do Hotel Palacio de Sober nada teñen que ver con ela”. 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober