O CONCELLO DE SOBER CONMEMORA O DÍA DA MULLER CUNHA EXCURSIÓN A VERÍN E CELANOVA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CONMEMORA O DÍA DA MULLER CUNHA EXCURSIÓN A VERÍN E CELANOVA

O Concello de Sober conmemora o Día Internacional da Muller colaborando coas veciñas das parroquias de Villaoscura e Canabal na excursión que mañá organizan para coñecer as localidades de Verín e Celanova. En total participan na saída 24 mulleres do municipio co propósito de pasar o día xuntas, desfrutar da compañía das veciñas e aproveitar para facer turismo.
 
O itinerario da visita que van facer é o seguinte:
 
11.30 Visita ao Castelo de Monterrei
13:00 Visita ao manancial de Cabreiroá
14:00 Xantar
16:30 Visita á vila e ao Mosteiro de Celanova
19:00 Parada en Ourense para merendar un chocolate
 
O Concello de Sober súmase así, como vén facendo todos os anos, á celebración do Día Internacional da Muller co obxectivo de que cada vez as diferencias entre ambos sexos sexan menores e poder camiñar cara un mundo baseado na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
 
 
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober