O Concello de Sober está xa a traballar nos preparativos da XIV Festa dos Avós que celebrará o próximo 11 de maio no pavillón do Colexio Virxe do Carme. Todos aqueles que queiran participar deberán anotarse na Casa Consistorial antes do día 9 de maio.
O custo da festa será de 10 euros para os empadroados e de 20 para os non empadroados.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os avós e avoas a que participen nunha festa que este ano cumpre a súa décimo cuarta edición, pensada para que os veciños e veciñas “compartan un día de ledicia e diversión”.
O ano pasado participaron na celebración máis de 300 persoas. Entre as actividades previstas para este ano atópase o sorte de máis de 100 agasallos doados polos establecementos comerciais e colaboradores de Sober e Monforte.
