A Biblioteca Municipal do Concello de Sober levará a cabo mañá o segundo mercadiño de intercambio de todo o material que os veciños e veciñas doaron durante o mes de marzo: libros, revistas, cd’s, vídeos, e outros artigos audiovisuais. O mercadiño desenvolverase a partir das 16:00 horas na Praza do Concello.
O Goberno local de Sober pretende conmemorar así o ‘Mes do libro’ a través dunha actividade organizada e promovida pola Biblioteca municipal.
Os protagonistas, os nenos e nenas de Sober
As semanas previas á celebración dos mercadiños os nenos e nenas participantes nas ‘Merendas con contos’ foron os encargados de facer os carteis para publicitar o evento e catalogar o material. Tamén van ser os encargados de intercambiar os artigos entre os veciños e veciñas que se animen a participar.
