A XIV FESTA DOS AVÓS QUE ORGANIZA O CONCELLO DE SOBER CONTA XA CON 250 INSCRITOS

  • Home
  • Novas
  • A XIV FESTA DOS AVÓS QUE ORGANIZA O CONCELLO DE SOBER CONTA XA CON 250 INSCRITOS

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os maiores que queiran participar na XIV Festas dos Avós que se anoten antes do vindeiro xoves día 9 chamando aos teléfonos 982.46.00.01 ou 982.46.05.13. Tamén poden apuntarse na Casa do Concello. A día de hoxe xa hai inscritos 250 maiores.
 
Fernández Guitián avanza que o día da Festa, o sábado 11 de maio, haberá un autobús que percorrerá o municipio para transportar a todos os participantes ata o evento e levalos de novo ás súas vivendas unha vez que este remate. A programación da Festa dos Avós inclúe unha misa, un xantar e o sorteo de máis de 100 produtos agasallos doados polas casas comerciais de Sober e Monforte.
 
A Festa comezará ás 13:30 horas no Pavillón do Colexio Virxe do Carme cunha misa na que participarán todos os curas do Concello. O menú estará composto de empanada, polbo, carne asada con patacas, sobremesa, café e bebidas. O prezo é de 10 euros para os empadroados e de 20 euros para os que sexan de fóra da localidade.
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober