MÁIS DE 150 MOZOS E MOZAS DA PROVINCIA PARTICIPAN O DOMINGO EN SOBER NA II XIMNASTRADA

  • Home
  • Novas
  • MÁIS DE 150 MOZOS E MOZAS DA PROVINCIA PARTICIPAN O DOMINGO EN SOBER NA II XIMNASTRADA

O Concello de Sober colabora xunto co CEIP Virxe do Carme coa II Ximnastrada que terá lugar o próximo domingo día 19 e na que participarán máis de 150 mozos e mozas de toda a provincia. A actividade de ximnasia rítmica está organizada pola A.N.P.A. do CEIP Virxe do Carme e desenvolverase a partir das 16:30 horas no Pavillón do centro.
 
Os participantes na proba deste ano son o Clube Xirandela de Sarria, o Clube X.R. Becerreá, o Clube X.R. Sarria, o Clube X.R.E.M. Cospeito e o Clube X.R. Virxe do Carme Sober. Ás 16:30 horas terá lugar o desfile de presentación ao que seguirán as probas na categoría baby, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e senior, tanto na modalidade individual, como na de conxuntos.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, invita a todos os veciños e veciñas e a todos os visitantes que o desexen a participar nesta actividade, de carácter gratuíto, na que os mozos e mozas ximnastas amosarán o seu traballo de todo o ano. Poderán verse exercizos de pelota, de aro ou de mazas, entre outros.
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober