Nós 33 anos de historia que ten a feira soberina, os seus promotores sempre tiveron especial coidado na elaboración do cartel promocional do evento. Unha boa parte deles foron feitos por pintores de recoñecida traxectoria e escollidos polos organizadores por estar vencellados dalgún xeito as terras soberinas, caso de Antón Patiño, Modesto Trigo, Arturo Ceide, Cristian Domecq ou José María Barreiro.
Outros carteis son de persoas menos coñecidas pero igual de amantes das terras de Sober e da viticultura da Ribeira Sacra e foron eles quenes se dirixiron a organización pedindo poder facelo cartel da mostra.
Cabe sinalar a aportación feita polo debuxante monfortino “Trujillo”. O cartel que él realizou serviu para anunciar a feira nove anos consecutivos. O único que se lle cambiaba era a data de celebración e a edición. Houbo tamén anos nos que o cartel foi o resultado de concursos convocados polos organizadores, nuns casos no ámbito escolar e noutros dirixidos o público en xeral.
De todo hai, nesta exposición que dende este xoves ata o día 21 poderemos ver no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Serviranos para repasala historia da feira máis antiga de cantas o viño se celebran na zona , xa que poderemos ver carteis dende 1981 ata a actualidade. Teremos ocasión de comprovar as distintas interpretacións que se fixeron do evento. Serviranos tamén a mostra para vela evolución do caterlismo promocional.
Deste xeito o Centro do Viño da Ribeira Sacra pretende poñer en valor o traballo feito o longo dos anos nunha feira que foi pioneira na promoción do viño desta terra contribuindo a propia posta en marcha da Denominación de Orixe.
