SOBER ACOLLE O VINDEIRO SÁBADO DÍA 13 O IX FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA

  • Home
  • Novas
  • SOBER ACOLLE O VINDEIRO SÁBADO DÍA 13 O IX FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA

O Concello de Sober colabora un ano máis coa Banda de Música da localidade na celebración do IX Festival de Bandas de Música que se desenvolverá o vindeiro sábado día 13. A partir das cinco da tarde o Centro Sociocultural acollerá a actuación da Banda de Música de Sober e da União Filarmónica do Troviscal-Aveiro, de Portugal.
 
Esta previsto que nesta cita cultural con carácter anual participen máis de cen músicos.
 
Presenza portuguesa
A primeira Banda que existiu no Troviscal foi fundada en 1911 por un profesor do ensino primario. A súa calidade artística levouna a estar entre as dúas ou tres mellores bandas do país ata o ano 1942 no que cesa a súa andaina. En 1989 retoman a actividade musical 75 mozos con idades entre os seis e os 14 anos. En abril do ano 2000 foi recoñecida como institución de utilidade pública. Desde outubro de 2001 a dirección artística da banda está a cargo do Dr. André Filipe Oliveira Granjo. Teñen acadado numerosos éxitos a nivel nacional e internacional.
 
Podedes atopar máis información no seguinte enlace: http://www.bandasfilarmonicas.com/bandas.php?id=575
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober