O Concello de Sober traslada a súa felicitación e a de todos os veciños e veciñas ao enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña e natural da localidade Gael Verao Fernández por ser un dos dez elixidos pola Fundación Barrié para cursar un máster no extranxeiro co que poder mellorar a súa formación.
En concreto, o mozo de Sober irá ao Reino Unido, á Universidade de Plymouth, onde levará a cabo un máster de Enxeñería Civil. A beca obtida por Gael Verao cobre a matrícula e a estancia no país de destino.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, sinala que o recoñecemento que a Fundación Barrié lle fixo a Gael Verao “constitúe un orgullo para todos os soberinos”. O Goberno local trasládalle a felicitación ao enxeñeiro e aos seus pais, Suso Verao e Branca Fernández.
