O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA PARA MAÑÁ UN OBRADOIRO DE COCIÑA INFANTIL

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA PARA MAÑÁ UN OBRADOIRO DE COCIÑA INFANTIL

O Concello de Sober organiza para mañá, martes 16 de xullo, un obradoiro de cociña infantil nas instalacións da piscina municipal. A actividade está organizada pola Biblioteca municipal e é a segunda das promovidas pola Xunta de Galicia dentro do programa de animación á lectura ‘Ler conta moito’.
 
O obradoiro será impartido por cociñeiros, entre eles, membros da Escola de Hostalería de Rosende como Migual A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez ou Xenxo Pereiro. A actividade está pensada para nenos e nenas a partir dos sete anos, aínda que se deixará participar a nenos máis pequenos sempre que estean acompañados dun adulto.
 
No marco do obradoiro os nenos e nenas elaborarán diferentes receitas, desde pizza, pan e tamén sobremesas. Os participantes contarán cos utensilios precisos para cociñar: panos, gorros e mandís. Se o tempo o permite cociñarán nas instalacións das piscinas municipais baixo ás árbores. No caso contrario, o taller levarase a cabo no local de obradoiros da piscina.
 
Os interesados poden anotarse nas instalacións da piscina ou na biblioteca.
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober