Sober acolleu esta fin de semana un torneo de fútbol sala cuxa final se disputou na tarde de onte. En total participaron 20 equipos masculinos e 3 femininos e repartíronse 2.000 euros en premios. O equipo vencedor masculino foi O Poleiro Talleres González de Sarria e o feminino, Amigas de mi abuela.
O segundo na categoría masculina foi o Ourense FS, o terceiro o Bar Avenida e o cuarto O Morín, ambos equipos de Monforte. Na modalidade feminina o segundo posto foi para Habelas Hailas e o terceiro para Madialeva.
O mellor equipo foi Amigos de Sober, o mellor porteiro Luis, do Ourense FS; o máximo goleador Martín do Pub Goya e o mellor xogador Óscar Durán do Poleiro Talleres González de Sarria. Tamén se lle concedeu o premio mellor xogador sub 18 a Arturo dos Alcóns.
Os gañadores recibiron un trofeo de Gundivós para cada xogador e unha peza especial xigante elaborada coa cerámica soberina.
