O CONCELLO DE SOBER TRASLADA AS SÚAS CONDOLENCIAS AOS FAMILIARES DAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE DE SANTIAGO

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER TRASLADA AS SÚAS CONDOLENCIAS AOS FAMILIARES DAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE DE SANTIAGO

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, en nome do Concello de Sober e de todos os veciños e veciñas traslada o seu o seu sentido pésame e as súas condolencias aos familiares e amigos das vítimas do accidente de tren acontecido onte en Santiago.
 
O Concello de Sober quere enviar unha mensaxe de alento a todos os afectados por esta traxedia e sumarse á dor que vive Galicia.
 
As bandeiras da Casa Consistorial ondearán a media asta os sete días de loito oficial que o Goberno galego decretaba esta mesma mañá.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober