O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE SAN SALVADOR EN NEIRAS DESTA FIN DE SEMANA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE SAN SALVADOR EN NEIRAS DESTA FIN DE SEMANA

O Concello de Sober colabora esta fin de semana coas festas de Neiras na honra a San Salvador. A celebración comeza o sábado día 3 cun pasarrúas a cargo do grupo Aires da Poxa. Ás 13:30 haberá unha misa con procesión e baile de tarde-noite coa Orquestra Compostela.
 
O domingo ás 11:30 recupéranse o tradicional partido solteiros contra casados. Ás 13:30 haberá misa con procesión á que lle seguirá o baile de tarde-noite coa Orquestra Elite.
 
O Concello de Sober anima a todos os veciños e veciñas a que participen na festa, así como a todos os que se atopen de visita ou de vacacións pola zona.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober