FERNÁNDEZ GUITIÁN ASEGURA QUE O PASO DE LA VUELTA “MARCARÁ UN ANTES E UN DESPOIS” PARA SOBER

  • Home
  • Novas
  • FERNÁNDEZ GUITIÁN ASEGURA QUE O PASO DE LA VUELTA “MARCARÁ UN ANTES E UN DESPOIS” PARA SOBER

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, asegurou hoxe tras a saída da quinta etapa de La Vuelta Ciclista a España que este feito “marcará un antes e un despois” para a localidade. O rexedor subliña a coordinación e cooperación de todos os membros da organización da carreira que “fixeron posible que hoxe Sober viva un día histórico”. Tamén puxo en valor o feito de que todo se desenvolvera con normalidade e sen incidentes.
 
Fernández Guitián destacou ademais o efecto potenciador que a proba deportiva poder ter na promoción turística de toda a Ribeira Sacra, polo que agradece o esforzo de Unipublic, da Xunta de Galicia e de todos os colaboradores de La Vuelta.
 
“Estamos seguros que hoxe Sober entrou en centos de fogares de todo o mundo nos que deixou un sabor de boca especial que os fará achegarse á localidade e saber máis de todos os nosos tesouros gastronómicos, medio ambientais e turísticos”, expuxo.
 
O alcalde agradeceu a presenza dos cargos institucionais e políticos que se achegaron ata a localidade, entre os que se atopaba o do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen presidiu a saída da etapa e se encargou de cortar a cinta previa ao comezo da carreira.
 
Tamén estiveron presentes, entre outros, o conselleiro de Industria, o secretario xeral para o Deporte, a delegada da Xunta en Lugo, a directora de Turismo de Galicia, varios alcaldes da comarca, como o de Bóveda e Pantón, e os rexedores de Begonte e Burela, así como o subdelegado do Goberno en Lugo e o portavoz do Senado, José Manuel Barreiro.
 
Por último, aínda que co mesmo grao de relevancia, o alcalde agradeceu a colaboración de todos os veciños e veciñas de Sober e lamentou novamente as molestias que a proba deportiva puidera ocasionarlles. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober