O Concello de Sober colabora cos Romaría de Cadeiras que se celebra desde mañá sábado e ata o luns na honra á Virxe dos Remedios. A celebración comeza mañá sábado ás 8 da tarde coa subida da Virxe desde Pinol ata Cadeiras. De seguido haberá baile coa Orquestra Odeón.
O domingo día 8 haberá misas desde as 11 da mañá e ata ás 13.30, hora na que se celebrará a misa solemne. A sesión vermú correrá a cargo da Orquestra Principal e da Banda de Música de Sober. Tamén está prevista a actuación dun grupo de gaitas. O baile de tarde noite estará amenizado polo Grupo Nebraska.
O luns día 9 as misas comezarán ás 11 de mañá ata as 13:30 no que haberá de novo misa solemne. De seguido actuará o grupo de gaitas Buxaina. A orquestra Trebol será a encargada de pórlle música á sesión vermú e ao baile de tarde noite.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar nunha “das festas máis importantes que se celebran na localidade e que conta con mellor acollida”.
