A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER MANTERÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN TODO O MES DE SETEMBRO

  • Home
  • Novas
  • A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER MANTERÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN TODO O MES DE SETEMBRO

A Escola Municipal de Música de Sober vén de iniciar o prazo de inscrición para este curso, que manterá aberto ata finais de setembro. A presentación está programada para o sábado día 28 ás 11 da mañá e nela explicaráselles aos alumnos e alumnas o funcionamento da escola, así como as especialidades e horarios.
 
A oferta musical está destinada a todos os interesados desde os tres anos en diante. Haberá un grupo de música e movemento con nenos e nenas de 3 a 6 anos e a partir dos sete anos os alumnos e alumnas recibirán formación sobre iniciación ao instrumento. Tamén se imparte música para adultos sen límite de idade, así como clases de coro e linguaxe musical. Os alumnos e alumnas tamén poden formar parte da banda xuvenil.
 
O ano pasado tomaron clases na Escola Municipal de Música de Sober preto de 100 alumnos e alumnas que recibiron ensinanzas dos oito profesores do centro. A matrícula está aberta para alumnos de toda a comarca, non só de Sober. O curso pasado asistiron veciños e veciñas de Monforte, Pantón, A Pobra de Brollón ou Castro Caldelas, entre outros.
 
As especialidades que imparte a escola son as seguintes: frauta traveseira, trombón, tuba, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, piano, percusión e guitarra. As clases comezarán a primeiros de novembro. Todos e todas os interesados en participar poden obter máis información sobre as condicións e tarifas no Centro Sociocultural ou no número de teléfono 982.46.05.13 en horario de oficina.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober