O Goberno local participa mañá na celebración da ‘Expo Voda’ que organiza o Hotel Palacio de Sober coa instalación dun posto promocional do Concello. O stand contará con información sobre as adegas, a olería ou as publicacións relacionadas coa localidade.
O evento, organizado polo Hotel Palacio de Sober, desenvolverase entre as 12:00 e as 20:00 horas de mañá sábado e inclúe sorteos de tarxetas regalo para todos os asistentes.
Todos aqueles que se acheguen ao Hotel Palacio de Sober na xornada de mañá poderán atopar todo o necesario para a organización dunha voda, desde a música para a cerimonia, traxes para os noivos, perruquería, probas de maquillaxe ou a tarta nupcial, así como visitar as instalación e o servizo que ofrece o establecemento.
