O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DA CONCEPCIÓN QUE CELEBRA MILLÁN ESTA FIN DE SEMANA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DA CONCEPCIÓN QUE CELEBRA MILLÁN ESTA FIN DE SEMANA

O Concello de Sober colabora coas Festas da Concepción que esta fin de semana se celebran en Millán.
 
O sábado día 7 haberá misa solemne con procesión ás 13:00 horas. A continuación haberá sesión vermú coa Orquestra Triunfo. Á noitiña está prevista unha chocolatada gratuíta para todos os que se acheguen ao campo da festa de Millán. A Orquestra Triunfo será tamén a encargada de amenizar o baile de tarde noite.
 
O domingo día 8 haberá de novo misa solemne con procesión ás 13:00 horas. Tamén se repite a sesión vermú e o baile de tarde noite coa Orquestra Fin de siglo.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a participar nesta festa previa ao Nadal.
 
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober