O CONCELLO DE SOBER PORÁ EN MARCHA UN PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO XUVENIL EN 2014

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER PORÁ EN MARCHA UN PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO XUVENIL EN 2014

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anuncia a posta en marcha dun plan municipal de emprego xuvenil para 2014 do que poderán beneficiarse ata 10 mozos e mozas da localidade. Trátase dunha iniciativa pioneira na Comarca de Lemos cuxa partida irá incluída nos Orzamentos municipais que o próximo mércores o Goberno local someterá á aprobación do Pleno.
 
O plan estará destinado a mozos e mozas menores de 30 anos e desenvolverase durante os meses de verán. En concreto, contrataranse dous auxiliares de axuda no fogar, un técnico en deportes, un auxiliar en viticultura, dous auxiliares de medio ambiente, dous auxiliares de servizos á cidadanía e dous auxiliares de turismo.
 
Os mozos e mozas contratados desenvolverán o seu traballos nos meses de verán en horario de media xornada.
 
O rexedor destaca a creación deste “capítulo especial” nos orzamentos de 2014 que nace co propósito de estimular a creación de emprego en Sober e de darlle unha oportunidade no mercado laboral aos mozos e mozas que están estudando ou xa teñen rematado a súa formación e están en situación de desemprego. O Goberno local prevé destinar a este capítulo preto de 15.000 euros do Orzamento municipal.
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober