SOBER ACOLLE O MARTES UN ESPECTÁCULO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

  • Home
  • Novas
  • SOBER ACOLLE O MARTES UN ESPECTÁCULO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Goberno local do Concello de Sober organiza para o martes 21 ás 12 do mediodía no Centro Sociocultural o espectáculo lúdico-musical I’ll be watching you (estareite vendo). Trátase da primeira representación desta obra contra a violencia de xénero que se desenvolve en Galicia.
 
A actuación está promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade dentro da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero da que forma parte o Concello de Sober. Está previsto que asistan ao espectáculo a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, así como o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.
 
O acto contará coa presenza de 200 asistentes, entre os que se atoparán alumnos da Escola de Hostalería de Rosende, do Obradoiro de emprego Ribeira Sacra do que forman parte alumnos de Sober, O Saviñao e Pantón, e do IES A Pinguela. Ademais, poden acudir ao espectáculo todos os interesados e interesadas.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober