O CONCELLO DE SOBER VALORARÁ OS DANOS CAUSADOS POLO TEMPORAL EN CADEIRAS PARA A SÚA REPARACIÓN

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER VALORARÁ OS DANOS CAUSADOS POLO TEMPORAL EN CADEIRAS PARA A SÚA REPARACIÓN

O Goberno local do Concello de Sober iniciará o luns a limpeza da zona de Cadeiras afectada polo temporal. En concreto, a caída dunha árbore provocou o derrube de parte dos pendellos e do palco próximo ao mosteiro.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, anuncia que se avaliarán todos os danos e se fará “o que estea ao noso alcance” para restituír a parede e o tellado dun lugar “que consideramos importante e simbólico” para o Concello de Sober.
 
Unha vez que se teña coñecemento dos danos causados o Goberno local abordará o acontecido co obispado para buscar solucións “o antes posible”. O rexedor tamén lle deu traslado do ocorrido ao párroco. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober