A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CÓCTELES SAUDABLES NAS ‘MERENDAS CON CONTOS’

  • Home
  • Novas
  • A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CÓCTELES SAUDABLES NAS ‘MERENDAS CON CONTOS’

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Sober organiza hoxe nas ‘Merendas con contos’ un obradoiro de cócteles saudables feitos a base de froita. Para levar a cabo o taller contarase coa creatividade dunha experta neste tipo de bebidas que tamén relatará os beneficios dunha alimentación variada e da importancia que ten o consumo de produtos frescos e de proximidade.
 
O venres día 21 os nenos e nenas que participen nas ‘Merendas con contos’ conmemorarán o Día Internacional da Poesía graffiteando un poema dun autor local que pendurarán na entrada do Centro Sociocutural.
 
O último venres do mes de marzo, o día 28, a Biblioteca Pública Municipal celebrará o Día Mundial do Teatro a través da elaboración dos escenarios e vestiario da obra que os nenos e nenas representarán cando remate o curso. Todos os actos terán lugar os venres na Biblioteca de Sober a partir das 17:30 horas.
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober