O Concello de Sober en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organizan para mañá unha xornada sobre ‘Os aspectos actuais da patoloxía da vide cara a unha viticultura sostible’. Conta con 100 prazas e desenvolveranse no Centro Sociocultural de Sober.
A xornada vai ser inaugurada polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e o director de EVEGA, Juan Casares.
Os destinatarios desta actividade, promovida con motivo do Mes do Amandi, antesala da XXXIV Feiras do Viño de Amandi, son adegueiros, viticultores, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investigador interesado no tema e estudantes.
Programa da xornada:
08:30-09:00Entrega da documentación.
09:00-09:45Patoloxías fúnxicas asociadas á madeira da vide: Yesca e Petri. Dinámica da enfermidade e avances no seu control. A cargo de Vicente García González, responsable do Laboratorio de Patoloxía Vexetal da Comunidade de Madrid.
09:45-10:45Novos produtos no control da patoloxía da vide. A cargo de Emilio José Lemos Rubinos, responsable do departamento técnico de SOAGA.
10:45-11:15Pausa-café.
11:45-12:00A rede de avisos fitosanitarios da Xunta de Galicia. A cargo de Javier García de la Fuente, coordinador da Rede de Avisos Fitosanitarios da Xunta.
12:00-12:30Emprego de ferramentas de agrometeroloxía en Meteogalicia. A cargo de Santiago Salsón Casado, coordinador do departamento de Observación e Climatoloxía.
12:30-13:00Proxecto LIFE+Viñas atlánticas. A cargo de Cristina Gómez Sousa, coordinadora do Proxecto Viñas Atlánticas.
Entradas de Carlos Núñez
O Concello de Sober esgotou onte as entradas para o concerto que Carlos Núñez ofrecerá no santuario de Cadeiras o sábado 12 de abril e para as que tiveron prioridade na adquisición os veciños e veciñas da localidade. O domingo día 13 o gaiteiro dará o pregón da XXXIV Feira do Viño de Amandi.
