O CONCELLO DE SOBER INFORMA DO COMEZO ESTA SEMANA DA CAMPAÑA DE VACINACIÓN CANINA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER INFORMA DO COMEZO ESTA SEMANA DA CAMPAÑA DE VACINACIÓN CANINA

O Concello de Sober vén de publicar un bando no que se dá conta do inicio o próximo venres día 23 da Campaña de vacinación da rabia, identificación e desparasitación canina no termo municipal.
 
A campaña é voluntaria, pero recórdaselle aos propietarios de cans que, segundo o Decreto 90/2002 publicado no DOG nº 63 o 2/4/2002, dende o ano 2002 é obrigatorio ter os animais identificados con microchip sen excepcións de ningún tipo.
 
Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008 (DOG nº92 do 14/5/08 ), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans na comunidade autónoma de Galicia. Este pasaporte está vinculado exclusivamente aos cans identificados legalmente con microchip.
 
 A vacinación farase casa por casa, xa que está prohibida a concentración de cans. Todos os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido 689 10 35 94  o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o venres 23 de maio en horario de mañá.
 
O calendario da campaña será:
 
            -Venres 23 de Maio: CANAVAL, VILAESCURA
            -Luns 26 de Maio: ROSENDE, MILLÁN
            -Martes 27 de Maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN
            -Mércores 28 de Maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.
            -Xoves 29 de Maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE
            -Venres 30 de Maio: BARANTES, SANTIORXO
            -Luns 2 de Xuño: PINOL, LOBIOS
            -Martes 3 de Xuño: AMANDI, DOADE
            -Mércores 4 de Xuño: BULSO, STA.CRUZ BROSMOS
            -Xoves 5 de Xuño: NEIRAS, GUNDIVÓS
 
Aqueles propietarios de cans que xa estean vacinando os seus animais co veterinario do recorrido – e polo tanto se atopen incluídos no rexistro informático deste-, non necesitan chamar, posto que os seus cans xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.
         
Os prezos son:
-Vacina Rabia+tratamento antiparasitario antihidatídico: 15€
-Implantación Microchip+ Pasaporte oficial asociado(‘cartilla’): 33€
-Outras Vacinas ou Trámites: Preguntar ó veterinario.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober