A VI CARREIRA POPULAR DE SOBER CELEBRARASE O 22 DE XUÑO

  • Home
  • Novas
  • A VI CARREIRA POPULAR DE SOBER CELEBRARASE O 22 DE XUÑO

O Goberno local programa para o próximo 22 de xuño a VI Carreira Popular de Sober, incluída no circuíto de competicións populares da Ribeira Sacra e que conta co apoio do Grupo de Desenvolvemento Rural.
 
A cita, prevista para o 8 de xuño, trasladouse ao día 22 pola coincidencia coa última proba do ‘Corre con Nós’, que terá lugar na capital da provincia.
 
O evento deportivo contou en 2013 con máis de 300 participantes, unha cifra que a organización espera igualar e mesmo superar. As inscricións, gratuítas, pódense facer a través da web www.championchipnorte.com.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober