O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE CORPUS EN BULSO

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DE CORPUS EN BULSO

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas de Corpus en Bulso que terán lugar o venres día 20, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño.
 
A celebración comeza o venres 20 cunha pancetada gratuíta e baile de tarde noite co dúo Meritxell. O día 21 haberá misa solemne, procesión, sesión vermú e baile co grupo Novo Milenium.
 
O domingo 22 tamén haberá misa solemne con procesión, sesión vermú e baile con Pachi e Montse.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que visiten o Concello a achegarse á festa.
 
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober